Noticias

   
 

 

Esta página se actualiza periodicamente con las ultimas noticias relacionadas con la web y todo lo relacionado con la musica en Barbadás, con especial atencion a la Banda de Musica. Te recomendamos que visites esta sección si quieres estar puntualmente informado.

 
Presentación Presentacion
Escuela de Música
Banda de Música
Charanga dos Escachapeitos
Majorettes de Ourense
Corales
Rondallas
Bandas y Grupos De Gaitas
Otros Grupos
Noticias
Galería de Fotos
Consultar actuaciones
Descargas
Enlaces
 
HOMENAXE 2011

HOMENAXE 2011

Seguindo coa tradición dos últimos anos, Música e Cultura de Galicia fíxolle durante a velada de Nadal, celebrada no Teatro Principal de Ourense, o 18 de decembro de 2011, unha homenaxe a dúas persoas que se teñen distinguido polo seu apoio, dedicación e servizo á nosa entidade. Nesta ocasión, os merecedores deste recoñecemento foron Estrella Martínez Rodríguez, concelleira de cultura de San Cibrao das Viñas, e Orentino Santos Outomuro, ex-directivo da nosa asociación.

 Continua

LOTERÍA DE NADAL 2011
LOTERÍA DE NADAL 2011

Informamos a tódolos nosos socios que a A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA xoga no Sorteo de Nadal, 120 euros do número 26425.
 Continua

HOMENAXE DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

HOMENAXE DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

Como leva feito nos últimos anos, Música e Cultura de Galicia, durante a velada de Nadal que celebraremos no Teatro Principal de Ourense, o 18 de decembro de 2011, renderá unha homenaxe a algunha persoa que se teña distinguido polo seu apoio, dedicación ou servizo á nosa entidade en particular, ou á música e colectivos musicais galegos en xeral. Os socios de Música e Cultura de Galicia que queiran propor algún candidato para homenaxear na presente edición, poderán facelo a través do envío dun e-mail a info@musicabarbadas.com no que figurarán o nome e apelidos do seus candidatos, así como unha breve exposición dos seus méritos.

 Continua

FESTIVAL DE NADAL 2011

FESTIVAL DE NADAL 2011

O domingo, 18 de decembro, dende as 19 h., no Teatro Principal de Ourense, celebraremos o xa tradicional Festival de Nadal da A.C. Música e Cultura de Galicia, coa actuación de varios dos nosos colectivos: alumnos de música e movemento, grupo de pandeireta infantil, banda infantil de música, grupo de acordeóns, grupo de música moderna, cantareiras, grupo de metais e banda de música do concello de Barbadás. Realizaremos ademais

 Continua

OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN E HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN E HABILIDADES SOCIAIS

Impartido por Dª. Noemí Blanco Souto.
Día: 11 de novembro de 2011, de 10 a 14 h. no C.I.F.P. A Farixa.
Organiza: A.C. Música e Cultura de Galicia
Inscrición e consultas: josesaxofon@hotmail.com
 Continua

TRES NOVOS DIRECTIVOS

TRES NOVOS DIRECTIVOS

Comunícovos que dende fai unhas semanas, a Directiva de Música e Cultura de Galicia, incrementouse en tres novos vocais (Beatriz Lloves Sobrado, Alba González Castiñeiras e Héctor Pérez Fernández), que xa deron mostras da súa valía na primeira ocasión que tiveron de demostrala, pois a súa colaboración na organización e desenvolvemento da IV Festa da Música Popular foi moi importante para que todo saíse ben. Ós tres, dámoslle a

 Continua

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE BANDAS DA IV FESTA DA MÚSICA POPULAR

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE BANDAS DA IV FESTA DA MÚSICA POPULAR

Benvidos amigos e amigas da música popular. Benvidos tamén veciños da parroquia de Piñor e do resto do concello, que nesta fin de semana agarimosamente nos acolledes. Sentímonos agradecidos pola vosa hospitalidade.

Nestes tempos de tolemia social nos que a loita por acada-los propios intereses prima dun xeito implacable sobre a posibilidade de collernos da man e marcarnos obxectivos de mellora-la sociedade na que vivimos, son as asociacións, formadas maioritariamente

 Continua

IV FESTA DA MÚSICA POPULAR DA A.C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA (2011)
IV FESTA DA MÚSICA POPULAR DA A.C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

(Campo da Festa de San Lourenzo de Piñor)

*Sábado, 15 de outubro:

-18 h.: FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA coas bandas de Boiro, A Garda e Barbadás.

-22 h.: FOLIADA con música tradicional en vivo, karaoke, pezas para cantar e bailar e taller de danza. Queimada popular.

*Domingo, 16 de outubro:

-12 h: XOGOS POPULARES INFANTÍS E FAMILIARES.

-14 h: XANTAR CAMPESTRE (cada un deberá levar a súa comida), amenizado por grupos de gaitas e charangas.

-16 h: CONCERTO DE CANTAREIRAS, TALLERES INFANTÍS, XOGOS POPULARES E XIMKANA.

ENTRADA LIBRE E GRATUITA.
 Continua

CURSO 2011/12 NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA DA FARIXA

CURSO 2011/12 NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA DA FARIXA 
Comunicamos que os días 9 e 10 de setembro de 2011, daremos comezo ás clases dun novo curso da nosa escola de música. Para informar sobre os horarios, profesorado, materias, actividades e inscrición, estaremos no Instituto da Farixa o venres, 2 de setembro, pola tarde, e o sábado, 3 de setembro, durante a mañá.

 Continua

ACTUACIÓN DO ALUMNADO DA ESCOLA DE MÚSICA

ACTUACIÓN DO ALUMNADO DA ESCOLA DE MÚSICA

O sábado, 25 de xuño de 2011, no salón de actos CEIP da Farixa, dende as 19:30 h., actuación do alumnado da escola de Música e Cultura de Galicia nas especialidades de música e movemento, trompeta, metal grave, guitarra, gaita, saxofón, clarinete, frauta, acordeón, pandeireta infantil e percusión. Esta actividade pon punto final as XX Xornadas de Exaltación da Música e as Letras de Galicia, que se viñeron celebrando en distintos puntos da cidade de Ourense durante os meses de maio e xuño.

 Continua

CONCERTO DO ALUMNADO DE GUITARRA, BAIXO E PERCUSIÓN

CONCERTO DO ALUMNADO DE GUITARRA, BAIXO E PERCUSIÓN

Este venres, 17 de xuño, dende as 20:30 h., celebraremos un concerto no salón de actos do Centro Integrado de Formación Profesional da Farixa cos alumnos de guitarra, baixo e percusión da nosa escola de música e coa colaboración dalgúns alumnos doutras especialidades. Interpretaranse temas de Jimmy Hendrix, Michael Jackson, ZZtop, Jaco Pastorius, Deep Purple, Tequila, Acdc e ata algún estándar de jazz. Entrada libre e gratuita. Quedades convidados.

 Continua

ACTO CULTURAL DA NOSA ASOCIACIÓN O 5 DE XUÑO DE 2011 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

ACTO CULTURAL DA NOSA ASOCIACIÓN O 5 DE XUÑO DE 2011 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

Nun Teatro Principal de Ourense repleto de público, escoitamos e contemplamos unha magnífica actuación conxunta da banda de música do concello de Barbadás e as corais do Liceo de Ourense e Voces e Cordas de Sobrado do Bispo. Logo, entregamos os premios ós nove escritores galardoados nesta edición do Certame Literario de Piñor, en recompensa ó seu esforzo e bo facer no concurso. Contamos neste acto, coa asistencia e participación do Presidente da Deputación Provincial. Ningún xornalista ou fotógrafo dos xornais de Ourense cubriu o evento, pese a estaren tódolos medios convidados.

PRESENTACIÓN DO ACTO

Boas tardes, amigos da Cultura galega. Xuntámonos, un ano máis, para renderlle homenaxe ás nosas Letras e Música; e para facelo, viñemos a este incomparable marco que é o Teatro Principal da cidade de Ourense. Dámoslle as grazas por facilitalo, ó

 Continua

Galardoados no XX Certame Literario de Piñor: ACTA

Galardoados no XX Certame Literario de Piñor: ACTA

En San Lourenzo de Piñor, a 28 de maio de 2011, reunido o xurado cualificador do XX Certame Literario de Piñor, composto por Dª. Beatriz Lloves Sobrado, Dª. Beatriz Muñoz Osorio, Dª Iria Calviño García e D. Justo Calviño Cruz, acorda:

 Continua

INTENSO MES DE XUÑO NOS ESPERA

INTENSO MES DE XUÑO NOS ESPERA

Xa temos nas mans, o libro “Certame Literario de Piñor (1992-2010), editado pola nosa asociación coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense. O volume contén o palmarés completo do noso certame e unha escolma de relatos gañadores (35 en total).
Farémo-la súa presentación nos vindeiros días.

Para o 5 de xuño, organizamos unha gala de exaltación das Letras e a Música de Galicia no Teatro Principal de Ourense; do 10 ó 12 de xuño, levaremos a cabo un curso de danza tradicional galega co prestixioso profesor internacional Tito Albán; e o 25 de xuño, faremos unha audición de alumnos da nosa escola de música no CEIP da Farixa. Nese mes actuaremos ademais en Porqueira, O Picouto, Bande, Padrenda e A Merca. Seguimos encantados facendo cultura, porque é o noso xeito de vivir e de comunicarnos. As parvadas, as agresións e as laretadas deixámolas para outros, que non teñen outra cousa de proveito que facer.

 Continua

REUNIÓN DA DIRECTIVA DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA.
REUNIÓN DA DIRECTIVA DE MÚSICA E CULTURA DE GALICIA.

MARTES, 7 de xuño, ás 21 h. en Piñor.

Orde do día:

01.- Estado de contas da asociación
02.- Análise das XX Xornadas de Exaltación das Letras ea Música de Galicia.
03.- Análise do curso de danza galega a impartir por Tito Albán.
04.- Trámites levados a cabo na programación de actividades para o Verán 2011.
05.- Trámites na programación da IV Festa da Música Popular, a celebrar os días quince e dezaseis de outubro de 2011.
 Continua

Curso de Baile Tradicional Galego, do 10 ó 12 de Xuño de 2011, co profesor: Tito Albán

Curso de Baile Tradicional Galego, do 10 ó 12 de Xuño de 2011, co profesor: Tito Albán

Lugar: C.I.F.P. A Farixa
Organiza: A.C Música e Cultura de Galicia.
Prazo de inscrición: Ata o 4 de Xuño de 2011.
Prezo da matrícula: 25€
Prezo da matrícula para socios e alumnos de Música e Cultura de Galicia:
-Ata 6 anos.Gratuíto (100% subvencionado pola Asociación)
-A partir de 7 anos:10€ (60% subvencionado pola Asociación)
Máis Información:
-www.musicabarbadas.com
-José Manuel Dopazo Grande.- Director da Escola de Música da A.C Música e Cultura de Galicia. Tel: 649 76 58 76. E-mail: josesaxofon@hotmail.com
-Iria Calviño García.- Profesora de música tradicional da Escola de Música da A.C Música e Cultura de Galicia. Teléfono: 663 59 69 63. E-mail: iriaiuris@gmail.com

 Continua

Curso de Baile Tradicional Galego
Curso de Baile Tradicional Galego
Do 10 ó 12 de Xuño de 2011
Profesor.-Tito Albán
Lugar: C. I. F. P. A Farixa(Ourense)
Organiza: A.C Música e Cultura de Galicia. 
 Continua

Principais actividades levadas a cabo no 2010
Principais actividades levadas a cabo no 2010
 Continua

COTA DE SOCIO NO ANO 2012

COTA DE SOCIO NO ANO 2012 
A asemblea celebrada o 30 de abril de 2011, determinou que a cota anual de socio, no ano 2012, para a persoa que sexa compoñente da asociación Música e Cultura de Galicia, será de 30 euros anuais.

 Continua

COTAS DO CURSO 2011/2012
COTAS DO CURSO 2011/2012 

A asemblea celebrada o 30 de abril de 2011, determinou que as cotas a pagar polo alumnado no curso 2011/2012, que se iniciará en setembro, axustaranse ós seguintes casos:
 Continua

COMISIÓNS DE FUNCIONAMENTO no seo da Xunta Directiva da A.C. Música e Cultura de Galicia

COMISIÓNS DE FUNCIONAMENTO no seo da Xunta Directiva da A.C. Música e Cultura de Galicia

Para coñecemento de tódolos socios, músicos, alumnos e amigos de Música e Cultura de Galicia e para que saibades a quen tendes que dirixirvos para darnos ideas que logo poidamos levar a cabo no seo da asociación, infórmovos das comisións que funcionan na nosa entidade, así como dos seus integrantes:

01.- Comisión de organización das Xornadas de Exaltación das Letras e a Música de Galicia. Formada por Justo Calviño, Iria Calviño, José Manuel Dopazo, María Borrajo e Noemí Blanco.

02.- Comisión de organización da Festa da Música Popular, festivais, certames e intercambios de grupos. Formada por Justo Calviño, Noemí Blanco, José Manuel Dopazo, Iria Calviño, Diego Pérez e José Miguel Grande.

03.- Comisión de organización do Festival e demais actividades de Nadal. Formada por

 Continua

ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN

ASEMBLEA XERAL DA ASOCIACIÓN

Informamos a tódolos socios e alumnos de Música e Cultura de Galicia que o sábado, 30 de abril de 2011, dende as 19:30 h., celebraremos a asemblea xeral da asociación no Centro Integrado de Formación Profesional da Farixa, co seguinte orde do día: 1.- Contas do exercicio 2010. 2.- Modificación de cotas para o curso 2011/12. 3.- Actividades levadas a cabo no 2010. 4.- Actividades realizadas e previstas para o 2011. 5.- Subvencións aprobadas, recibidas e pendentes. 6.- Resultados acadados na escola de música no curso 2010/11 e obxectivos para o curso 2011/12 . 7.- Rogos e preguntas.

 Continua

XX XORNADAS DE EXALTACIÓN DA MÚSICA E AS LETRAS DE GALICIA (ANO 2011)

XX XORNADAS DE EXALTACIÓN DA MÚSICA E AS LETRAS DE GALICIA (ANO 2011)

-Domingo, 15 de maio de 2011, na igrexa de San Pío (Mariñamansa), ás 20 h.: Grupo de guitarras Cordas Bravas, Grupo de cantareiras de Música e Cultura de Galicia e Banda infantil da escola de música da Farixa.

-Domingo, 5 de xuño de 2011, no Teatro Principal, ás 20 h.: Coral Voces e Cordas e Banda de música do concello de Barbadás, así como a entrega de premios do XX Certame Literario de Piñor.

-Sábado, 25 de xuño de 2011, no salón de actos CEIP da Farixa, ás 19:30 h.: Alumnado de música e movemento, trompeta, metal grave, guitarra, gaita, saxofón, clarinete, frauta, acordeón, pandeireta infantil e percusión, así como o grupo de música moderna da escola de música da Farixa.


 Continua

BASES DO XX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

BASES DO XX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

As asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello, convocan o XX Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.

1.- Establécense catro categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas.

-Categoría A para participantes maiores de idade.
-Categoría B para participantes de 15 a 17 anos .
-Categoría C para participantes de 12 a 14 anos.
-Categoría D para participantes ata 11 anos.

Cada premio constará

 Continua

CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

Hoxe púxose a andar, co apoio da Deputación de Ourense, un dos proxectos máis agardados na A. C. Música e Cultura de Galicia: a edición nun libro dunha ampla escolma dos relatos gañadores das 19 edicións celebradas do Certame Literario de Piñor, que organizamos dentro das Xornadas de Exaltación das Letras e a Música de Galicia. En poucos meses terémola nas mans. Estamos contentos.


 Continua

REUNIÓN DA DIRECTIVA (13/01/2011)

REUNIÓN DA DIRECTIVA (13/01/2011)

Acordouse felicitar a tódolos patrocinadores, colaboradores e participantes, e moi especialmente ós compoñentes da nosa Comisión das Xornadas de Nadal polo magnífico traballo levado a cabo nos xogos infantís e visita de Papá Noel á escola, e no Festival de Nadal celebrado no Teatro Principal da cidade. Despois tratouse o estado de contas da asociación e fíxose unha análise pormenorizada das partidas de gastos e ingresos durante o 2010. A continuación realizouse unha primeira aproximación ás

 Continua

FELIZ NADAL E PRÓSPERO 2011

FELIZ NADAL E PRÓSPERO 2011

Moita felicidade, saúde e sorte neste Nadal e no vindeiro 2011 a tódolos compoñentes, familiares e amigos da A.C. Música e Cultura de Galicia. Polo de pronto, xa empezamos moi ben: magnífico festival dos nosos grupos no Teatro Principal de Ourense e ademais tocáronnos 400 € (5 € por euro xogado) na lotería que trouxemos de Palma de Gandía. ¡Bo comezo, si señor!

 Continua

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL 2011 NO TEATRO PRINCIPAL

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL 2011 NO TEATRO PRINCIPAL

Excmo. Sr. Conselleiro de Educación; Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial; Sr. Rosendo, deputado autonómico; Sr. Alcalde do Concello de Barbadás, Sr. Tenente de Alcalde e Sra. Concelleira de Cultura do Concello de San Cibrao das Viñas; estimados alumnos, músicos, familiares e amigos da Asociación Música e Cultura de Galicia, así como señores convidados de honor na velada de hoxe, moi boas tardes a todos vostedes.

Atopámonos hoxe neste marco incomparable que é o Teatro Principal de Ourense co obxectivo de mostrarlles parte do traballo que a nosa asociación está a levar a cabo, así como de homenaxear, como tamén ven sendo habitual nos últimos anos por parte da nosa entidade, a algunhas persoas que tiveron ou teñen un importantísimo peso no pasado e no presente da nosa institución.

A nosa escola de música, da que forman parte máis de 300 persoas, baixo as directrices de 10 profesores, a dirección de José Manuel Dopazo e a tutela dunha Xunta Directiva que teño o gusto de presidir, ten a finalidade básica de dar unha adecuada formación musical a tódolos integrantes da entidade.

Dentro dos nosos diferentes obxectivos, non esquecemos xamais fomentar ó máximo as

 Continua

"FESTIVAL DE NADAL 2010" EN EL TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

"FESTIVAL DE NADAL 2010"  EN EL TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

Ayer, en el Teatro Principal de Ourense, llenazo extraordinario para ver la actuación de varios colectivos de Música e Cultura de Galicia, que recibieron calurosos aplausos de un magnífico público. Cuatro homenajeados de lujo (Vicente Álvarez, Alfredo Ferro, Tito Marcos y José Luís Baltar) que arrancaron emocionadas e impresionantes ovaciones de todos los asistentes.

Varias autoridades amigas apoyaron el acto con su presencia, como el Conselleiro de Educación, el Presidente de la Diputación, el diputado Rosendo, el alcalde de Barbadás y el teniente alcalde de San Cibrao das Viñas.

¡Enhorabuena por su trabajo a los directivos, director, profesores, músicos y alumnos de la escuela de Música e Cultura de Galicia!

Por cierto, ¿cuándo se darán cuenta algunas personas y medios de comunicación, que Música e Cultura de Galicia nada tiene que ver con la Escuela de Música de Barbadás?

¡Enhorabuena también a los directivos y colaboradores que el sábado se encargaron de

 Continua

Programa do concerto do 19/12/2010 no Teatro Principal de Ourense.
Programa do concerto no Teatro Principal de Ourense.

Domingo, 19 -12- 2010, ás 19:00 h.

Programa:

 Continua

XORNADA ADICADA ÓS ALUMNOS MÁIS NOVOS DA NOSA ESCOLA DE MÚSICA
XORNADA ADICADA ÓS ALUMNOS MÁIS NOVOS DA NOSA ESCOLA DE MÚSICA

• Sábado, 18 de decembro de 2010.
• Lugar: Instalacións do CEP A Farixa.

„« de 12:00 a 13:00 cancións, xogos con paracaídas, maquillaxe, globoflexia, etc.
„« de 13:00 a 13:45 Visita de Papa Noel ós nenos.

 Continua

¡FELIZ CUMPLEAÑOS!

¡FELIZ CUMPLEAÑOS!

¡Qué lejos y al mismo tiempo qué cerca! El 2 de diciembre de 1995 reiniciábamos la historia musical que desde 1915 hasta principios de los sesenta del pasado siglo nos había reportado –igual que en esta segunda etapa- muchas alegrías y también algunas penas. Nos quedan de aquella época varios nombres de magníficos compositores, directores e instrumentistas y cuatro significativos premios cosechados en Compostela, Lugo y Ourense.

Del nuevo período, tenemos frescos aún en la memoria, los importantes certámenes, festivales y conciertos que hemos llevado a cabo por toda la península Ibérica, representando con meritoria responsabilidad tanto a la provincia, como a nuestra entidad, socios y familias. Nos sentimos especialmente orgullosos de los numerosos jóvenes que han pasado durante estos quince años por nuestras escuelas de música y

 Continua

LOTERÍA DE NADAL

LOTERÍA DE NADAL

Informamos a tódolos nosos socios que a A. C. MUSICA E CULTURA DE GALICIA xoga 80 euros do número 82.713 no sorteo de Nadal.

 Continua

REUNIÓN DA DIRECTIVA (25/10/2010)

REUNIÓN DA DIRECTIVA (25/10/2010)

A reunión iniciouse ás 20:30 h., no local social de Piñor, informándose en primeiro lugar do estado de contas da entidade. A continuación tratouse o cambio no sistema de pago do aluguer das instalacións da nosa escola de música, que supuxo asumir ese gasto e incrementar, por tanto, a partida de gastos da entidade en 6.000 euros anuais. A fin de compensar no presente exercicio ese gasto extra co que non se contaba, acordouse

 Continua

REUNIÓN DA DIRECTIVA DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
REUNIÓN DA DIRECTIVA DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA.

LUNS, 25 DE OUTUBRO, NO LOCAL SOCIAL DE S. LOURENZO DE PIÑOR, ÁS 20:30 h.

ORDE DO DÍA:
-Informe do estado de contas do 2010 ata o momento da reunión.
-Cambios no sistema de aluguer das instalacións da escola de música na Farixa, polos que a Asociación asumiu o seu pago.
-Estrutura da escola de música da Farixa no curso 2010/1011.
-Programación de Nadal
-Informe da creación no seo da nosa asociación, do Grupo histórico literario Alberto García Ferreiro.
- Lotería de Nadal
- Iniciativas, rogos e preguntas.

Nota: Como sempre, poderán asistir como oíntes á reunión tódolos socios que lles apeteza.
 Continua

OTRO POLÍTICO SIN TALLA

OTRO POLÍTICO SIN TALLA

Saben que José Antonio Do Olmo, concejal en Barbadás, deambula por las cafeterías de la zona, intentando conseguir infructuosamente que le proporcionen algún cartel publicitario de nuestra escuela de música, aprovechando además para criticarnos y faltar a la verdad, que conoce de sobras, sobre quién es el propietario legal de la denominación “banda de música do concello de Barbadás”.

Concejal, no intente confundir, ni engañar a nadie y deje de utilizar los comentarios calumniosos contra nosotros. Sabe que por mucho que lo intente, su actitud nos resbala. No obstante, ya que es usted tan vehemente y para que no vaya a tener un problema de salud por esto, yo mismo le voy a remitir uno de nuestros carteles al Alcalde, para que si lo tiene a bien, se lo entregue.

 Continua

CONCERTO DE NADAL 2010 NO TEATRO PRINCIPAL

CONCERTO DE NADAL 2010 NO TEATRO PRINCIPAL

Para que o saibades e vos dea tempo a organizarvos, tanto se participades, como se queredes asistir, o xa clásico concerto de Nadal que os diferentes grupos da nosa escola de música interpretan tódolos anos cara fin de ano, na presente edición terá lugar, de non xurdir algún imprevisto, o domingo, 19 de decembro, ás 19 h. no Teatro Principal de

 Continua

Comezo da Escola de música. Unha nova especialidade a maiores das que xa había.

Comezo da Escola de música. Unha nova especialidade a maiores das que xa había.

Recórdovos que o venres damos comezo a un novo curso na nosa escola de música da Farixa e que a matrícula está aberta mentres haxa prazas. A gran novidade, dentro das especialidades que ofrecemos, con respecto ó curso anterior é que, entre outros moitos instrumentos, por primeira vez imos impartir tamén clases de acordeón. O horario de clases para as diversas materias na nosa escola de música comprende os venres, de 16 a 22 h., e os sábados, de 9 a 14 h. Os sábados pola tarde, témo-lo ensaio da banda. Para matricularse ou informarse, achegádevos o vindeiro fin de semana polas instalacións da nosa escola no Centro de Formación Profesional da Farixa da cidade de Ourense.


 Continua

CURSO DE MÚSICA 2010/2011 NA FARIXA

CURSO DE MÚSICA 2010/2011 NA FARIXA

Comunicamos que Imos comezar un novo curso no Centro de Formación Profesional da Farixa de Ourense. Co obxecto de informar a quén teña interese, estaremos no Centro o venres, 3 de setembro, dende as 18 ás 21 h. e o sábado, 4, dende as 10 as 13 h.

Haberá clases de linguaxe musical e música e movemento; clases e práctica instrumental de frauta, óboe, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, guitarra clásica, guitarra e baixo eléctricos, acordeón, gaita e pandeireta; actividades de conxunto de banda de música, banda de gaitas, majorettes, charanga, cantareiras, grupos de guitarras, percusión e de cámara.

O curso comeza o venres, 10 de setembro. Tamén recibirán información se chaman a calquera dos teléfonos 649 765 876 (José Manuel Dopazo) ou 609 811 129 (Justo Calviño).


 Continua

PARABÉNS ÁS COMISIÓNS DE PIÑOR

Un ano máis, na programación das festas das Neves e do San Lourenzo, en Piñor de Barbadás, ademais de varias magníficas orquestras e grupos, estarán a entrañable banda de gaitas Frouma e a banda de música do concello de Barbadás. -¡a auténtica!-. ¡Parabéns a ámbalas dúas comisións –así como ás de anos precedentes- que pese a todo o que chove nos últimos anos no ámbito cultural dese concello, seguen a apostar polos colectivos musicais autóctonos!

 Continua

DEDICATORIA

Sentencia del humorista Jules Pfeifer, que dedico a ciertas políticas a las que se les atragantan las diferentes agrupaciones de Música y Cultura de Galicia, por lo que no les importa contar algunas mentirijillas sobre ellas: “Los artistas pueden pintar el cielo de rojo porque saben que es azul; los que no son artistas han de pintar las cosas como son o la gente pensará que son tontos”. Esta dedicatoria es también un consejo.

 Continua

UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE CABEZA DE VACA

UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE CABEZA DE VACA

Cando os membros da comisión de festas de Cabeza de Vaca, localidade na que aínda hai bastantes casas no solar municipal de Barbadás, se achegaron pola Casa Consistorial dese Concello para interesarse pola nosa banda de gaitas (Frouma de Piñor), non só non lla concederon, como ben sendo habitual nos tres últimos anos con tódolos nosos colectivos musicais, senón que tan sequera lle quixeron facilitar -aínda que llo pediron-, o xeito de contactar cos responsables da asociación. Por suposto que están en todo o seu dereito, pero qué memoria tan fráxil teñen. Qué pronto se esqueceron de tantos servizos -moitos deles desinteresados-, prestados pola nosa entidade durante tantos anos.


 Continua

UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE BENTRACES

UNHA ANÉCDOTA NAS FESTAS DE BENTRACES

¡Menos mal que estaban libres os músicos de Lobios, aínda que para a ocasión disfrazáronos de músicos da Banda Municipal de Barbadás! Bentraces estivo a punto de quedarse sen banda, porque unha responsable política díxolles ós da comisión que “a banda de música do concello de Barbadás se desfixera fai tempo”. ¡Hai que estar un pouco máis na onda! Que alguén lle diga ás responsables municipais de cultura e xuventude, un tanto despistadas no que vai de lexislatura, que entren en www.musicabarbadas.com para que se decaten do viva que afortunadamente está a nosa banda. ¡O exilio non é a morte, mal que lles pese!

 Continua

MARABILLOSA VELADA CELEBRADA NO TEATRO PRINCIPAL

MARABILLOSA VELADA CELEBRADA NO TEATRO PRINCIPAL

O pasado domingo, tivo lugar a clausura das XIX Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia, organizadas polas nosas asociacións. Extraordinaria resultou a interpretación das bandas de gaitas Frouma e de música do concello de Barbadás, así como das cantareiras e do grupo de guitarras Cordas Bravas, que arrincaron intensos aplausos do público, que unha vez máis respondeu magnificamente á nosa chamada. Contra todo prognóstico fomos quen de vencer á tentadora praia e ós interesantes partidos do campionato do Mundo de fútbol.

Ben os directores dos grupos (Iria, Bea e Jose); ben todos os músicos que constituían os

 Continua

VELADA CULTURAL NO TEATRO PRINCIPAL, CON ENTREGA DE PREMIOS.

VELADA CULTURAL NO TEATRO PRINCIPAL, CON ENTREGA DE PREMIOS. O próximo domingo, 27 de xuño, dende as 20:00 h., no Teatro Principal de Ourense, terá lugar a clausura das XIX Xornadas de exaltación das Letras e a Música de Galicia.

 Continua

Concerto de Alumnos na Farixa

Onte celebramos concerto de alumnos nun salón de actos do Instituto da Farixa, cheo a rebentar. Tivemos intérpretes de tódalas idades, dende rapaces de curta idade a xubilados; todos desbordando concentración, interese e ilusión. Brindáronos varias

 Continua

ASEMBLEA XERAL 2010 DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

ASEMBLEA XERAL 2010 DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

Celebrouse o sábado, 24 de abril de 2010, dende as 20:00 h. no salón de actos do Centro Integrado da Formación Profesional da Farixa.

ORDE DO DÍA:

1º.- A tesoureira expuxo as contas do 2009 e realizou tamén unha exposición das contas do 2010 ata o día da asemblea.

2º.- O presidente realizou un amplo resumo das actividades máis importantes levadas a cabo no 2009 e das que están previstas ou levándose xa a cabo no 2010.

Actividades máis importantes levadas a cabo durante o 2009:

-ESCOLA PROVINCIAL DE MÚSICA NA FARIXA
-CURSO DE MÚSICA NO LOCAL DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA VALENZÁ
-NUMEROSAS ACTUACIÓNS COS GRUPOS MUSICAIS Ó NOSO CARGO EN FESTAS E FESTIVAIS.
-PARTICIPACIÓN NO 123 CERTAME INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA “CIDADE DE VALENCIA”
-ORGANIZACIÓN DAS XVIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA E DO XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR.
-ORGANIZACIÓN DA II FESTA DA MÚSICA POPULAR
-FESTIVAL DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL
-ACTUALIZACIÓNS E MANTEMENTO DA PÁXINA WEB: wwwmusicabarbadas.com


Actividades máis importantes durante o 2010:

 Continua

Ó LORO

Ó LORO

(Nota da directiva da asociación que se lle fixo chegar ós socios no transcurso da asemblea anual celebrada o sábado, 24 de abril de 2010)

Dada a vital importancia que teñen as subvencións na vida e futuro da nosa agrupación, non nos parece de recibo, nin tan sequera honrado, que un dos grupos políticos da oposición na Deputación Provincial estea por sistema criticando e obstaculizando as subvencións que se nos conceden, así coma o noso labor social, educativo e cultural, sobre todo porque non se lle pode achacar ignorancia da nosa traxectoria, pois a coñecen perfectamente e saben que os nosos programas e proxectos, ademais de innovadores, laboriosos e francamente efectivos, contan coa participación de moita xente, o que non autoriza a pensar, e menos a falar negativamente sobre nós a ninguén que teña unha visión medianamente obxectiva.

Máis de 300 alumnos e músicos de 14 concellos distintos, 11 postos de traballo, unha chea de actividades ó longo do ano, algunhas delas practicamente únicas, ou cando

 Continua

CANDIDATURAS Á XUNTA DIRECTIVA DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

Transcorrido o prazo de presentación de candidaturas para facerse cargo da Xunta Directiva da A. C. Música e Cultura de Galicia, pomos no coñecemento de tódolos socios, músicos, autoridades e amigos da nosa agrupación, que a única candidatura presentada é a seguinte:

CANDIDATURA Á XUNTA DIRECTIVA DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA:

 Continua

XIX XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA
XIX XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA

Organizadas pola Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia e a Asociación Xuvenil Xoves Amigos.

PROGRAMA:

 Continua

Bases do XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

Bases do XIX CERTAME LITERARIO DE PIÑOR

As asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello, convocan o XIX Certame Literario de Piñor na especialidade de contos.   

1.- Establécense catro categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas. -Categoría A, para participantes de 18 a 30 anos. -Categoría B, para participantes de 14 a 17 anos . -Categoría C, para participantes de 10 a 13 anos. –Categoría D, para participantes ata 9 anos.   

2.- Cada premio constará dun diploma, diversos agasallos e un lote de libros. Ademais entregaranse cheques ós gañadores por importe de 590 euros, repartidos do seguinte xeito: 1ºA: 200€. 2ºA: 100€. 1ºB:100€. 2ºB: 50€. 1ºC: 60€. 2ºC: 30€. 1ºD: 30€. 2ºD: 20€.  3- Os contos estarán escritos en galego e a extensión e temática dos mesmos serán

 Continua

NORMAS PARA A ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

NORMAS PARA A ELECCIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA A.C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA :

a) O prazo de presentación de candidaturas transcorrerá dende o 17 de marzo ata ó 16 de abril de 2010.

b) Cada candidatura presentarase nun escrito, no prazo indicado no punto anterior, que se entregará ó actual presidente da asociación, quen lle estenderá ó socio que a presente un “recibín” acreditativo de que a candidatura foi correctamente recibida.

c) Cada candidatura deberá conter un mínimo de cinco socios e un máximo de quince.

d) A votación das candidaturas levarase a cabo o sábado, 24 de abril, durante a asemblea xeral de socios, que terá lugar no salón de actos do Centro Integrado de Formación Profesional da Farixa dende as 20:00 h.

e) Poderán votar:
-En primeiro lugar, aquelas persoas que ostenten a condición de socios ordinarios de carácter anual e que teñan pagada a cota do 2010.
-En segundo lugar, os alumnos e alumnas do curso 2009/2010 que teñan o pago das súas cotas da escola de música ó día, podendo eles mesmos exerce-lo dereito ó voto no caso de seren maiores de idade; ou un dos seus pais ou titores, no caso dos alumnos menores de idade.

 Continua

ASEMBLEA XERAL DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA
ASEMBLEA XERAL DA A. C. MÚSICA E CULTURA DE GALICIA

(Sábado, 24 de abril de 2010, ás 20:00 h. no salón de actos do Centro Integrado da Formación Profesional da Farixa).

ORDE DO DÍA:
 Continua

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL 2009 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL 2009 NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE

Sr. Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, D. Jesús Vázquez;

Sr. Presidente da Deputación, D. José Luís Baltar;

Sr. Vicepresidente do Parlamento de Galicia, D. José Manuel Baltar;

Sr. Rosendo Fernández, deputado do Parlamento de Galicia;

Sres. Alcaldes, tenentes de alcalde e concelleiros presentes nesta velada de exaltación da cultura que o pobo leva a cabo a través das súas manifestacións máis fecundas, diversas e próximas, que no son outras que as xurdidas das agrupacións de índole social, como a que hoxe ten o gusto de recibilos neste magnífico teatro;

 Continua

FESTIVAL DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL DA CIDADE DE OURENSE

O domingo, 20 de decembro de 2009, dende as 20:00 h., terá lugar no Teatro Principal de Ourense o tradicional festival de Nadal das diferentes seccións musicais da escola provincial de música da nosa entidade cultural.

 Continua

LOTERÍA DE NADAL

Informamos a todos os nosos socios que na A. C. MUSICA E CULTURA DE GALICIA xogamos 80 euros do número 49.627 no sorteo de Nadal do 22 de decembro de 2009 e que os gaiteiros da A. X. XOVES AMIGOS DO CONCELLO xogan outros 40 euros do mesmo número.

 Continua

ESCRITO DO 23/10/09 REXISTRADO NO CONCELLO DE BARBADÁS

ESCRITO DO 23/10/09 REXISTRADO NO CONCELLO DE BARBADÁS

Sr. Alcalde do Ilmo. Concello de Barbadás:

JUSTO CALVIÑO CRUZ, con DNI nº 34.926.342-Z, EXPÓN que onte, xoves, 22 de outubro de 2009, pola tarde, atopei no buzón de correos varias cartas desde Concello dirixidas ás asociacións nas que ostento algunha representación ou cargo. As mesmas teñen data de saída do Concello o 19 de outubro, mais foron entregadas ós seus destinatarios na data arriba indicada.

Que o mesmo lle ocorreu a algunhas outras asociacións do municipio, como por exemplo á Asociación de Veciños da Valenzá, Asociación Xuvenil Xoves Amigos e outras.

Que no contido da carta municipal se lles indica ás asociacións que deberán presentar no Concello a memoria de actividades antes do 23 de outubro, de cara a seren incluídas no orzamento do Concello para o ano 2010. Este prazo constitúe unha auténtica aberración administrativa ou un descoido inadmisible, posto que non se lles deixa ás

 Continua

NOVAS ESPECIALIDADES NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA DA FARIXA

NOVAS ESPECIALIDADES NA NOSA ESCOLA DE MÚSICA DA FARIXA

Informámosvos de que na escola de música da Farixa, ademais das diversas especialidades que xa vimos ofertando dende o pasado curso, -música e movemento, linguaxe musical, frauta, óboe, clarinete, fagot, saxofón, trompeta, gaita, trompa, trombón, bombardino, tuba, pandeireta, guitarra clásica, percusión, majorettes, cantareiras, etc., contamos no presente curso tamén con guitarra e baixo eléctrico, así como con canto tradicional e pandeireta para nenos de 4 a 8 anos.

 Continua

SEGUNDA FESTA DA MÚSICA POPULAR

SEGUNDA FESTA DA MÚSICA POPULAR

O domingo, 27 de setembro de 2009, organizada pola asociación Música e Cultura de Galicia, levarase a cabo no Campo de Roma de San Lourenzo de Piñor, dende as 19:30 h., a Segunda Festa da Música Popular, que nesta ocasión contará coa participación dun grupo de cantareiras de Ourense, a banda das escolas de gaitas de Piñor e Baños de Molgas e a banda das escolas de música da Farixa e San Cibrao das Viñas.

 Continua

CONCERTO NA PARAXE NATURAL DA BOUTUREIRA

CONCERTO NA PARAXE NATURAL DA BOUTUREIRA

Música e Cultura de Galicia participará coa súa banda de música o domingo, 20 de setembro, nun festival que co gallo do programa Vai de Camiño 2009, terá lugar na Boutureira de San Cibrao das Viñas, a partires das 16: 30 horas.

 Continua

UN NOVO CURSO NA ESCOLA DE MÚSICA

UN NOVO CURSO NA ESCOLA DE MÚSICA

A asociación Música e Cultura de Galicia comeza mañá venres, 11 de setembro, as clases e actividades da súa escola de música, que de novo neste curso se situará nas instalacións do Instituto de Ensino Secundario da Farixa de Ourense.

Os alumnos poderán aprender a tocar ou perfeccionar calquera dos diversos

 Continua

Xunta Directiva do 1 de setembro de 2009.

Resumo da reunión da Xunta Directiva do 1 de setembro de 2009.

 Continua

Escrito de desacordo ó Conselleiro de Cultura e Turismo

Excmo. Sr. Conselleiro de Cultura e Turismo (D. Roberto Varela) San Caetano S/Nº 15781 - Santiago de Compostela.

 Continua

Certamen Internacional de Bandas de Música "Ciudad de Valencia"
COMPOSICIÓN DEL JURADO
 Continua

Certamen Internacional de Bandas de Música "Ciudad de Valencia"
SECCIÓN SEGUNDA - Domingo 5 de julio

Obra Obligada: “Centenari” de José Salvador González Moreno (Obra de encargo).

Bandas participantes y programa
 Continua

GAÑADORES DO XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
O xurado da XVIII edición do Certame Literario de Piñor  , outorgou os seguintes premios: 
 Continua

1º Concerto das XVIII Xornadas de Exaltación
Concerto na Colexiata de Xunqueira de Ambía 10 de Maio de 2009
 Continua

RESUMO DA ASAMBLEA 2009 DA A. C. MUSICA E CULTURA DE GALICIA, celebrada o 18 de abril de 2009, no salón de actos do IES da Farixa.

RESUMO DA ASAMBLEA 2009 DA A. C. MUSICA E CULTURA DE GALICIA, celebrada o 18 de abril de 2009, no salón de actos do IES da Farixa

 Continua

XVIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA.

ACTUACIÓNS NAS XVIII XORNADAS DE EXALTACIÓN DAS LETRAS E A MÚSICA DE GALICIA.

-Domingo, 10 de Maio de 2009, ás 18h., na Colexiata de Xunqueira de Ambía

-Martes, 12 de Maio de 2009, ás 20h., na Asociación de Veciños San Pío X de Mariñamansa

-Domingo, 17 de maio de 2009, ás 19h., no Teatro Principal de Ourense:

 Continua

PRÓXIMAS REUNIÓNS

PRÓXIMAS REUNIÓNS

*Sábado, 21 de marzo de 2009, ás 20:00 h., na sala de profesores da Escola de Música, reunión da Xunta Directiva da A.C. Música e Cultura de Galicia.

*Sábado, 18 de abril de 2009, ás 20:00 h. no salón de actos da Escola de Música, asamblea de socios da A.C. Música e Cultura de Galicia.

 Continua

Bases do XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR
Bases do XVIII CERTAME LITERARIO DE PIÑOR As asociacións Música e Cultura de Galicia e Xoves Amigos do Concello, convocan o XVIII Certame Literario de Piñor na especialidade de contos.
 Continua

CRÓNICA DO CONCERTO DE NADAL 2008

CRÓNICA DO CONCERTO DE NADAL 2008   Na tarde do sábado, 13 de decembro, nun Teatro Principal totalmente abarrotado, Música e Cultura de Galicia levou a cabo unha magnífica mostra musical do traballo que realizou durante o ano 2008 nas instalacións do IES da Farixa de Ourense.

 Continua

Participaremos no CXXIII Certame internacional de bandas de música “Ciudad de Valencia”.

Participaremos no CXXIII Certame internacional de bandas de música “Ciudad de Valencia”. A banda de música do concello de Barbadás, da asociación cultural Música e Cultura de Galicia, participará xunto con outros 23 colectivos musicais europeos, no prestixioso certame de bandas de música que organiza o Concello de Valencia e que no presente ano chega a súa 123 edición. ¡Case nada!

 Continua

O camiño de Santiago - Juan Gonzalo Gómez Deval
O camiño de Santiago - Juan Gonzalo Gómez Deval Videos da Banda de Música do concello de Barbadás no Auditorio de Galicia durante o I certamen Autonómico de Bandas de Música.
 Continua

Video da Banda de Música no Auditorio de Galicia
Banda de Música do Concello de Barbadás interpretando o pasodoble Pérez Barceló no auditorio de Galicia en Novembro de 2007
 Continua

PROGRAMA DO CONCERTO DE NADAL (TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE, SÁBADO 13 DE DECEMBRO DE 2008, ÁS 20.00 H).
CONCERTO DE NADAL (TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE, SÁBADO 13 DE DECEMBRO DE 2008, ÁS 20.00 H).

PROGRAMA:

 Continua

Concerto de Nadal no Teatro Principal de Ourense

CONCERTO DE NADAL NO TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE A Asociación Música e Cultura de Galicia levará a cabo o sábado, 13 de decembro de 2008, ás 20.00 h, no Teatro Principal da cidade de Ourense, un festival de inverno no que actuarán o grupo de música e movemento da escola, a banda de gaitas Frouma, o grupo de guitarras Cordas Bravas, as cantareiras da asociación, a banda de educandos da escola e a banda de música do concello de Barbadás.

 Continua

1ª FERIA DE LA HALLACA
1ª FERIA DE LA HALLACA

Organizada por la asociación ourensana venezolana Alma Llanera, tendrá lugar el próximo domingo, 16 de noviembre, en O Pereiro de Aguiar, la 1ª feria de la Hallaca; evento gastronómico musical que contará con
 Continua

JORNADAS INTERCULTURALES

JORNADAS INTERCULTURALES

La Asociación Ourensa Venezolana "Alma Llanera" nos informa, que el Concello de Ourense a traves de la Concejalia de Bienestar Social, ha organizado del 21 al 24 de este mes las primeras "Xornadas Interculturais" en la Plaza Mayor, con el objetivo de dar a conocer las diversas culturas que conviven en la ciudad de Ourense.

Las jornadas contarán con la participacion de las asociaciones y representantes en

 Continua

II FESTA DA VECIÑANZA (A VALENZÁ 2008)
II FESTA DA VECIÑANZA (A VALENZÁ 2008)

*Sábado, 18/10/2008

-Campionato de dardos na cafetería Kibú.
Información na citada cafetería.

-Campionato de subastado na cafetería Meigas.
Información na citada cafetería.

*Domingo, 19/10/2008

-Xantar de confraternidade veciñal, no patio cuberto
do Colexio Filomena Dato, ás 14:30 h. (empanada,
polbo á feira, carne ó caldeiro, bica, pan e viño do
país, refrescos e café). Por xentileza da Deputación de
Ourense, o xantar estará amenizado pola Charanga
dos Escachapeitos e a Banda de Gaitas Frouma. 
Dende as 18:30 horas, baile popular, de entrada libre
e gratuíta, amenizado pola afamada orquestra Capitol.

 Continua

I FESTA DA MÚSICA POPULAR
I FESTA DA MÚSICA POPULAR

SÁBADO, 18 DE OUTUBRO DE 2008
CAMPO DE ROMA
SAN LOURENZO DE PIÑOR
 Continua

REINICIO DA ESCOLA DE MÚSICA NA FARIXA

Mañá venres, 19 de setembro, reiniciámo-las clases do curso 2008. Boa sorte a profesores e alumnos, para que as clases sexan moi fructíferas.

Para tódalas persoas interesadas, aínda quedan prazas por cubrir en case tódalas disciplinas.

 Continua

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA “HOMENAXE A FELISINDO PÉREZ SEARA”.

PRESENTACIÓN DO FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA “HOMENAXE A FELISINDO PÉREZ SEARA”.

Queridos directivos de Música e Cultura de Galicia, músicos das bandas de Ribadumia e Barbadás, amigas e amigos asistentes a este concerto, estamos hoxe aquí, nesta ampla, acolledora e fermosa igrexa de San Pío X, para render homenaxe tanto á memoria de Felisindo Pérez Seara, falecido no pasado ano,como á música das bandas populares, que el tanto apreciaba e polas que tanto traballou.

 Continua

FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA “HOMENAXE A FELISINDO PÉREZ SEARA”.
FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA “HOMENAXE A FELISINDO PÉREZ SEARA”.

O próximo domingo, 14 de setembro, ás 20 h., na igrexa de San Pío X de Mariñamansa (Ourense), organizado pola Asociación Música e Cultura de Galicia, terá lugar un concerto a cargo da Agrupación Músico - Cultural de Ribadumia e da Banda de Música do concello de Barbadás.

Este concerto está dedicado á memoria de D. Felisindo Pérez Seara, músico, director e compositor falecido no pasado ano. Ó longo da súa traxectoria musical, don Felisindo
 Continua

ESCOLA DE MÚSICA NA FARIXA

ESCOLA DE MÚSICA NA FARIXA   

O venres, 19 de setembro de 2008, iniciaremos o último cuadrimestre do curso provincial que estamos a levar a cabo dende xaneiro no Instituto de Ensino Secundario “A Farixa” de Ourense, co patrocinio da Excma. Deputación Provincial de Ourense e a colaboración da Delegación Provincial da Excma. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.  

Dada a característica de matrícula constantemente aberta para este curso e o feito de existiren prazas aínda en todas as especialidades, as inscricións nas diversas materias

 Continua

 

 

 

 
Musica

Copyright ©2003-2007 IBERSERVERS - Bienvenida -
Aviso Legal